Os concellos de Abegondo, Bergondo e Carral decidiron unir forzas para emprender unha actuación conxunta de mellora da eficiencia enerxética na iluminación pública. As actuacións consistirán na instalación de sistemas de baixo consumo en 289 puntos de luz. Suporán o cambio de lámpadas e luminarias de 289 puntos de luz, o que levará un aforro enerxético de 123.637 quilovatios ao ano e de 17.273,55 euros ao ano.
Os tres concellos presentan unha necesidade similar, o que os levou a buscar esta colaboración. As facturas da iluminación pública constitúen un dos principais gastos polo que os tres alcaldes apostan por introducir os novos sistemas de baixo consumo que procuren un importante aforro, á vez que non prexudican o medio ambiente.
Os concellos lograron a aprobación por parte do Instituto de Enerxía de Galicia (Inega) deste proxecto para renovar os sistemas de iluminación de varios puntos dos tres municipios. Segundo a lista de proxectos concedidos, son os únicos municipios da área metropolitana da Coruña beneficiarios.
Os rexedores apuntan que o gasto en iluminación pública acapara anualmente boa parte dos orzamentos dos seus concellos, ao tratarse de tres municipios cunha importante extensión de estradas e dispersión poboacional, e por tanto o plan será moi proveitoso para os tres concellos.
Máis info: Concello de Abegondo












Pingback: Bitacoras.com