É necesario e de grande importancia para a persoa emprendedora e empresarios realizar unha investigación comercial, antes de poñer en marcha un novo proxecto empresarial, para comprender a situación e as necesidades do mercado, enfocar o negocio e ter maiores probabilidades de éxito. Esta formación permitirá proporcionar ás persoas emprendedoras e empresarios ferramentas de valor engadido e transmitir a importancia de apoiar as decisións empresarais na información que nos facilita o mercado, asi como afondar nas técnicas de investigación de mercado máis comúns.
Obxectivos
Coñecer o mercado e as súas necesidades. Definir mellar que é o que irnos vender e as diferentes formas de venda.
Programa
Os puntos do temario son os seguintes:
• ¿Que é un estudo de mercado, para qué serve e cómo se fai?
• Técnicas de investigación de mercados: Técnicas cuantitativas e cualitativas.
• Consumo e investigación de mercado.
• Lóxicas da investigación de mercado.
• A sociedade d
a información e do coñecemento: a investigación de mercado.
• Reflexións éticas en torno á investigación de mercado.
• Estatistica en investigación de mercados.
Colectivo
Emprendedores, empresarios, profesionais ou calquera
persoa que desexe formarse para ampliar os seus coñecementos ou
traballar neste sector.
Data da impartición
05-11-2013
Ponente
Francisco Javier Ramos Nogueira
Máis info: CEC














Pingback: Bitacoras.com