Programa para a promoción de emprego autónomo
Orde do 19 de agosto 2013, publicada no DOG nº159, de 22 de agosto de 2013, da Xunta de Galicia.
A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores autónomos ou por conta propia.
Tipos de axudas:
- Subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.
- Subvención financeira.
O prazo de solicitude das subvencións será dun mes desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social, e como prazo xeral rematará o día 30 de setembro de 2013.
As empresas que iniciaran as súas actividades entre o 11 de setembro de 2012 e o 22 de agosto de 2013 poderán solicitar as axudas ata o 22 de setembro de 2013.
Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E)
Orde do 19 de agosto 2013, publicada no DOG nº159, de 22 de agosto de 2013.
Subvencións a empresas privadas de nova creación que xeren emprego estable, promovendo e financiando aqueles novos proxectos empresariais que facilitan a creación de postos de traballo estables de carácter indefinido a persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial en Galicia.
Tipos de axudas:
- Subvención á xeración de emprego estable.
- Subvención financeira.
- Subvención para asistencia técnica.
- Subvención para o inicio da actividade.
- Subvención para a concilación da vida profesional e persoal dos promotores.
O prazo de solicitude das subvencións será dun mes desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social, e como prazo xeral rematará o día 30 de setembro de 2013.
As empresas que iniciaran as súas actividades entre o 1 de outubro de 2012 e o 22 de agosto de 2013 poderán solicitar as axudas ata o 22 de setembro de 2013.












Pingback: Bitacoras.com